1. Número e denominación da praza: un traballador para cría de cabalos.
2. Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción.
3. Duración do contrato: tres meses.
4. Sistema de selección: procedemento especial de urxencia.
5. Perfil requirido para a contratación: Graduado Escolar, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente.
6. Prazo e lugar para a presentación de instancias: 3 días naturais contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. Os interesados deberán presentar currículo profesional que xustifique que dispoñen da debida cualificación para o desenvolvemento das tarefas obxecto do contrato, así como os méritos que estimen oportuno alegar.
7. Órgano de selección. A selección da persoa contratada realizaraa o xefe do Servizo de Recursos Humanos, asistido polo xefe do Servizo de Agricultura e Gandería, tendo en conta os méritos acreditados e a súa relación co tipo de posto de traballo temporal que se pretende cubrir.
Ourense, 19 de febreiro de 2008. O presidente. Asdo.: José Luis Baltar Pumar.
