Anuncio de notificación Vigo del 22 de febrero de 2011 - 3277945

Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
Anuncio de notificación Vigo del 22 de febrero de 2011 - 3277945
Nº de Disposición :
0
Boletín Oficial :
BOP-PONTEVEDRA 36
Fecha Disposición :
22/02/2011
Fecha Publicación :
22/02/2011
Órgano Emisor :
VIGO
De conformidade co previsto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, notifícase a D. Miguel Ángel Álvarez Álvarez "Constructora Galega", con último domicilio coñecido en Avda. Dr. Corbal, 113-115 C.P. 36207, a seguinte orde de execución:

"Por parte dos inspectores municipais de Vías e Obras informouse que na Rúa Esperanto permanece unha caseta instalada por Vde. con motivo das obras que executou en dita rúa e que non foi desmontada cando o contrato foi resolto.

A aparelladora da Oficina de Supervisión de Proxectos con data 10 de outubro de 2010 informa que a retirada ten un custe aproximado de 450 euros (IVE excluído) e a duracción da actuación será dunhas 3 horas aproximadamente. Recomenda como prazo máximo para finalizar as operacións unha 1 semá.

Por ilo concedéselle un prazo de 7 días hábiles contados a partir do seguinte á recepción desta notificación para que proceda a retirar a caseta e deixar expedito o vial.

Se lle advirte que no caso de non cumplir esta orde a retirada a efectuará esta Administración municipal ao seu cargo, ao amparo do previsto no artigo 98 da Lei 30/1192 de 26 de novembro.

Por último, se lle concede trámite de audiencia por un prazo de 10 días para que poida examinar o expediente que se atopa a súa disposición na oficina administrativa da Área de Servizos Xerais e efectuar as alegacións e presentar documentación e xustificacións que estime oportunos."

Contra o acto que é firme en vía administrativa poderá vostede interpor recurso contenciosoadministrativo ante os Tribunais do Contencioso-Administrativo de Vigo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Así mesmo, poderá vostede interpor recurso potestativo de reposición no prazo de un mes contado tamén dende o día seguinte á referida publicación, ante esta Concellería, que se entenderá desestimado se transcorre outro sen resolver; en cuxo caso poderá interpor o recurso ofrecido no parágrafo anterior no prazo de seis meses contados dende o día seguinte á desestimación presunta do mesmo.

Tamén poderá vostede interpor calquera outro recurso que estime oportuno.

A Concelleira Delegada da Área de Servizos Xerais, Isaura Abelairas Rodríguez.