Aprobación do padrón fiscal de Lixo para o Bimestre Maio-Xuña 2007

Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
Aprobación do padrón fiscal de Lixo para o Bimestre Maio-Xuña 2007
Nº de Disposición :
0
Boletín Oficial :
BOP-LUGO 141
Fecha Disposición :
20/07/2007
Fecha Publicación :
20/07/2007
Órgano Emisor :
MONFORTE DE LEMOS
APROBACION PADRÓN FISCAL LIXO BIMESTRE MAIO-XUÑO 2007 E PRAZO DE PAGO

Por Resolución de Alcaldía do día 13 de xullo de 2007 aprobouse o padrón da TAXA POLA RECOLLIDA, TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DE LIXO, correspondente ó bimestre maio -xuño 2007.

De acordo co disposto nos artigos 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e o artigo 14.2 c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, se notifican colectivamente os recibos derivados deste padrón

Contra o acordo de aprobación do padrón e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da publicación desta información pública no BOP de Lugo. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa.

De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria, fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o día 30 de xullo de 2007 ata o 1 de outubro de 2007.

Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso, as débedas serán esixidas polo procedemento de apremio.

Monforte de Lemos, 13 de xullo de 2007.- O Alcalde-Presidente, Severino Rodríguez Díaz.