Primeiro.- Convocar para a súa realización as accións formativas seguintes: CÓDIGO ACCIÓN FORMATIVA EDIC. HORAS 02.03.01.10 A DIRECTIVA BOLKENSTEIN NO ORDENAMENTO XURÍDICO ESPAÑOL 01 11 Segundo: Ordenala publicación da súa convocatoria, bases e anexos no BOP. As características e contidos específicos destes cursos detállanse no anexo I e desenvolveranse de acordo coas seguintes:
BASES XERAIS Primeira.- Solicitudes: 1.- O persoal que desexe participar neste curso presentará cuberta en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial, debendo a mesma contar co informe da Entidade Local, sinatura e selo do superior xerárquico (Presidente, Alcalde, Xefe Servicio .)
2.- A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso.
3.- O prazo de presentación das solicitudes rematará o 7 abril de 2010 ás 14: 00 h. 4.- A dita documentación dirixirase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Servizo de Formación, por:
- Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo. - Correo postal: Rúa San Marcos, 8. - 27001 Lugo. - Fax: 982 260 169/982 260 165 - Correo electrónico: formacion@ deputacionlugo. org - E demáis lugares de conformidade co artigo 38.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Segunda.- Acceso ás accións formativas: 1.- Poderá participalo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I. 2.- A lista dos seleccionados poñerase de manifesto nas oficinas da Área de Formación, asemade os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ó teléfono nº: 982 260 065 ou 982 260 035.
Terceira.- Certificacións: Se expedirá certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós alumnos/as que asistan ó curso. Unha inasistencia superior ó 15% no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa.
a) Certificación de asistencia, ou b) Certificación de asistencia con aproveitamento: Trala superación das probas pertinentes, as cales terán carácter voluntario:
En calquera dos supostos só se expedirá unha única certificación. Cuarta.- Modificacións: A Deputación Provincial de Lugo, poderá modificalo desenvolvemento e mailos contidos do curso co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Lugo, 12 de marzo de 2010.- O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro.- O Secretario, Faustino Martínez Fernández.
