Exposición pública da modificación da ordenanza da Taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar no Concello de Tui
Nº de Disposición :
0
Boletín Oficial :
BOP-PONTEVEDRA 158
Fecha Disposición :
18/08/2009
Fecha Publicación :
18/08/2009
Órgano Emisor :
TUI
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria de data 30.07.2009, acordou aprobar de xeito provisional a modificación da ordenanza da Taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar no Concello de Tui, e expoñer o expediente á información pública polo prazo de 30 días, contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, para os efectos de que os interesados poidan presentar as reclamacións que estimen oportunas (art. 17 RDL 2/2004 TRLRFL), entendéndose definitivamente adoptado o acordo no caso de non presentarse reclamacións.