Extracto comprensivo dos acordos adoptados polo Pleno da Corporación de Vigo na sesión ordinaria correspondente ó mes de agosto que tivo lugar o día 7 de setembro de 2009:

Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
Extracto comprensivo dos acordos adoptados polo Pleno da Corporación de Vigo na sesión ordinaria correspondente ó mes de agosto que tivo lugar o día 7 de setembro de 2009:
Nº de Disposición :
0
Boletín Oficial :
BOP-PONTEVEDRA 198
Fecha Disposición :
14/10/2009
Fecha Publicación :
14/10/2009
Órgano Emisor :
VIGO
Extracto comprensivo dos acordos adoptados polo Pleno da Corporación de Vigo na sesión ordinaria correspondente ó mes de agosto que tivo lugar o día 7 de setembro de 2009:1. Actas anteriores. (S. Ordinaria 29.06.09).

2. Dar conta de resolucións da Alcaldía.

3. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

4. Declaración institucional aprobada polos grupos políticos municipais na Xunta de Voceiros do 03.09.09, relativa á celebración do Día do Cooperante.

ALCALDÍA

5. Dar conta do escrito de data 28 de agosto de

2009, de renuncia ó posto do concelleiro D. José Manuel Couto García.

6. Dar conta de resolucións da Alcaldía de delegacións de funcións con carácter temporal.

7. Dar conta de decreto da Alcaldía de data

29.07.09 polo que se resolve a adxudicación do réxime de dedicación exclusiva a un concelleiro do Grupo Popular e escrito de aceptación da mesma.

8. Dar conta de decreto da Alcaldía de data

29.07.09 polo que se resolve a adxudicación do réxime de dedicación exclusiva a unha concelleira do Grupo do BNG e escrito de aceptación da mesma.

9. Dar conta de resolución da Alcaldía de data

3 de setembro pola que se nomea novo presidente da Comisión Informativa de Xestión Municipal a proposta da mesma.

XESTIÓN MUNICIPAL

10. Aprobación da Conta Xeral do Concello correspondente ó ano 2008. Informe da Intervención relativo ós aspectos xerais da fiscalización do devandito exercizo. Expte. 101481/140.

11. Desafectación da parcela núm. 10 doInventario Municipal, Parcela Cemiterio de Puxeiros. Expte. 18618/240 12. Ratificación de acordo da Xunta Veciñal da

Entidade Local Menor de Bembrive de data 26.02.09, relativo a ocupación de parcela no Monte de UP núm. 563, San Cibrán, Aradas e outros. Expte. 18596/240.

13. Solicitude de desafectación de Viais no Barrio da Salgueira, formulada por Da Eustaquia Clavo Pajares e outros. Exte. 12076/240.

MOCIÓNS

14. Moción Grupo do PSdeG-PSOE solicitando instar á Deputación Provincial a humanización da Estrada Provincial. Doc. 90125770.

15. Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando se convoque de xeito urxente a comisión de ruidos. Doc. 90091965.

16. Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando a inspección e reparación de deficiencias das pistas deportivas de Candeán, Matamá e CabralFeira. Doc. 90091969.

17. Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando que os concertos das festas se celebren no auditorio do parque de Castrelos. Doc. 90092076.

Retirada da orde do día

18. Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando se incremente o número de traballadores sociais nas UBAs. Doc. 90091982.

19. Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a continuación dos traballos do Arquivo Pacheco. Doc. 90091983.

20. Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando se eliminen as pintadas da sinalización e cableado temporal das testas no Casco Vello. Doc. 90091985.

21. Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando o apoio do Concello á creación da Area Metropolitana de Vigo composta por catorce municipios. Doc. 90106000.

22. Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando a adopción de medidas para a libre elección de lingua oficial. Doc. 90106004.

23. Rogos e preguntas.

URXENTE

A. Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando convocatoria urxente de Xunta de Goberno Local para tomar decisión relativa ó albergue municipal.

Vigo, 8 de setembro de 2009.O Alcalde, Abel Caballero Álvarez. 2009010063

7072603.pdf