Extracto dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de outubro de 2009

Ficha de esta disposición

Título:
Extracto dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de outubro de 2009
Nº de Disposición:
0
Boletín Oficial:
BOP-PONTEVEDRA 216
Fecha Disposición:
13/10/2009
Fecha Publicación:
09/11/2009
Órgano Emisor:
PONTEVEDRA
EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA NA SESIÓN ORDINARIA QUE TIVO LUGAR O DÍA 13 DE OUTUBRO DE 2009.

1.Corrección de erro material advertido no acordo da Xunta de Goberno Local de 01.10.09, polo que se acepta a cesión gratuíta dun baixo realizada pola entidade mercantil PROMOCIONES DOELA, S.L., integrante da Xunta de Compensación da U.A. nº 11 do PXOU, con motivo da urbanización das rúas Santo Amaro e A Estrada. 2.Aceptación da cesión gratuíta, pola Comunidade Autónoma de Galicia, de inmoble situado na Avenida de Montero Rios.

3.Memoria-programa 2009 dos obxectivos e orzamento das actuacións de rehabilitación do parque edificatorio e reurbanización dos espazos públicos no eido da Área de Rehabilitación Integral de Estribela: aprobación.

4.Memoria-programa 2010 dos obxectivos e orzamento das actuacións de rehabilitación do parque edificatorio e reurbanización dos espazos públicos no eido da Área de Rehabilitación Integral de Estribela: aprobación.

5.Expedientes sobre aceptación de cesións gratuítas de terreos con motivo de obtención de licenza urbanística:

a) Nº 22.980/00. Promotor: D. Sergio Fontán Pérez. Situación: Rosende, parroquia de Verducido.

b) Nº 27.463/06. Promotores: D. Emilio Dios Gil e Dª María Fátima Carballo Cruz. Situación: O Outeiro, parroquia de Lérez.

6.Proxecto de estruturas, acabados interiores e instalacións para a construción, xestión e explotación dun estacionamento soterrado na Praza de España: aprobación do proxecto e do estudo de seguridade e saúde.

7.Reparación do saneamento de Frieiro a Couso en Santa María de Xeve como consecuencia das riadas de novembro de 2006: aprobación do proxecto e aprobación e apertura do procedemento para a adxudicación.

8.Pavimentación no lugar de Pazos. Salcedo: aprobación do proxecto e aprobación e apertura do procedemento para a adxudicación.

9.Ensanche do camiño da Gordeira. San Vicente de Cerponzóns: aprobación do proxecto e aprobación e apertura do procedemento para a adxudicación.

10.Ensanche do camiño dende Carballeira á N-550 en Tilve: aprobación do proxecto e aprobación e apertura do procedemento para a adxudicación.

11.Contratación administrativa para a realización e instalación dun conxunto escultórico na rúa da Alhóndiga: adxudicación provisional.

12.Proxecto para o cambio de ascensoresmontacargas e recollida das augas das bancadas na praza de abastos da rúa Serra: adxudicación provisional.

13.Expedientes sobre devolución de fianzas:

a) Nº 1.686/02. Promotor: PROMOCIONES INMOBILIARIAS AMCO, S.L.. Obxecto: Urbanización de rúa de nova apertura entre o Camiño de San Brais e a rúa de Herminia Fariña Cobián.

b) Nº 4.158/05. Promotor: RESIDENCIAL CAMPOLONGO, S.L.. Obxecto: construción de dúas vivendas unifamiliares encostadas na rúa de Eduardo Blanco Amor nº 41 e 41A.

c) Nº 10.563/04. Promotor: ESTRONOR, S.L. Y EMBEMA SOCIEDAD DE OBRAS, S.L., UTE. Obxecto: construción de edificio na rúa de Armórica nº 6 e 8.

14.Expediente nº 38.050/09 tramitado a instancia de GALICIA VELLA DE INVERSIONES Y LOGISTICA, S.L. interesando licenza de obras de acondicionamento e instalación de local con destino a cafetería na Praza da Liberdade.

15.Rogos e preguntas. Non se formularon.

ASUNTOS URXENTES.Previa declaración de urxencia en forma regulamentaria, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acordou incluír na orde do día os seguintes asuntos para o seu coñecemento, debate e votación:

A) Toma de coñecemento de sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e polos Xulgados do Contencioso-administrativo Un e Dous de Pontevedra:

1) Informe sobre a sentenza de data 17.09.09 ditada no recurso de apelación 4657/07 da Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia formulado polo Concello de Pontevedra sobre concesión da autorización ambiental integrada a ELNOSA.

2) Informe sobre a sentenza de data 30.07.09 ditada no recurso de apelación 4325/08 da Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia formulado pola mercantil AJM CARBALLO, S.L. por incumprimento de contrato en relación coa concesión do servizo de recollida, retirada, transporte e custodia de vehículos das vías públicas.

3) Informe sobre a sentenza de data 25.06.09 ditada no recurso de apelación 4663/07 da Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia formulado por dona Susana Iglesias Rodríguez sobre aprobación definitiva do proxecto de compensación da U.A. nº 13 do PXOU-A Parda.

4) Informe sobre a sentenza de data 18.09.09 ditada no procedemento ordinario 429/08 do Xulgado do Contencioso-administrativo Un de Pontevedra formulado pola mercantil GRUPO LAR PROMOSA, S.L. con motivo de denegación de licenzas de construción de 4 edificios na U.A. nº 7 do PXOUTAFISA.

5) Informe sobre a sentenza de data 31.07.09 ditada no procedemento ordinario 271/08 do Xulgado do Contencioso-administrativo Dous de Pontevedra formulado pola mercantil PRESQLAR, S.L. con motivo de fianza presentada para a adquisición de determinados terreos. B) Declaración institucional de apoio á plataforma QUEREMOS GALEGO.

Pontevedra, 14 de outubro de 2009.O Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. 2009011514

7157922.pdf