Bolsa do Concello do Porriño para cursar estudios na Escola Superior Gallaecia

Ficha de esta disposición

Título:
Bolsa do Concello do Porriño para cursar estudios na Escola Superior Gallaecia
Nº de Disposición:
0
Boletín Oficial:
BOP-PONTEVEDRA 218
Fecha Disposición:
11/11/2009
Fecha Publicación:
11/11/2009
Órgano Emisor:
O PORRINO
BOLSA DO CONCELLO DO PORRIÑO PARA CURSAR ESTUDIOS NA ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA

O Concello do Porriño, en virtude do convenio asinado coa Escola Superior Gallaecia de Vila Nova da Cerveira (Portugal), convoca unha bolsa de 2.900 euros dirixida aos alumnos e alumnas do Porriño que cursen ou vaian iniciar estudios na Escola Superior Gallaecia.

1. DESTINATARIOS E ESTUDIOS COMPRENDIDOS

A bolsa vai dirixida aos alumnos/as empadronados no Porriño que estudien ou vaian iniciar estudios superiores na Escola Superior Gallaecia durante o curso académico 2009-2010, conducentes á obtención das licenciaturas en Arquitectura e Urbanismo, Ecoloxía e Paisaxismo e Deseño Gráfico e Industrial.

2. CONTÍA DA BOLSA

Convócase unha bolsa pola contía de 2.900,00 euros, consignados na aplicación orzamentaria 451.48100, Retención de crédito 2009/19889.

3. REQUISITOS XERAIS

Para ser beneficiario da bolsa beca de movilidad, será precisa a condición de residente no municipio do Porriño. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, na nova redacción dada pola Lei Orgánica 14/2003, de 20 de novembro, os estudiantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes, quedando excluidos de concurrir a esta bolsa os que se atopen en situación de estadía.

Non poderá concederse a bolsa a quen estea en posesión, ou reúna os requisitos legais para a expedición dun título de Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto, nin para a realización da estadía de formación de 6º ano, nin estudios correspondentes a terceiro ciclo ou doutoramento, estudios de especialización nin estudios de posgrao.

Para a obtención da bolsa será preciso que o alumno ou alumna teña superado vinte créditos da licenciatura por cada ano cursado, excepto no caso dos alumnos e alumnas que se matriculan por primeira vez.

Para a obtención da bolsa, o alumno ou alumna debe matricularse nun mínimo de 25 créditos, excepto no primeiro ano, que deberá matricularse na totalidade dos créditos do primeiro curso. No número mínimo de créditos non se poden computar os correspondentes á estadía de formación de 6º ano nin a disertación de licenciatura de 6º ano.

A presente bolsa non poderá ser desfrutada por máis de dous cursos académicos.

A persoa solicitante da bolsa deberá figurar no padrón municipal do Concello do Porriño dende polo menos dous anos antes da presente convocatoria de bolsa.

4. REQUISITOS DE CARÁCTER ECONÓMICO

A bolsa será concedida a aquel solicitante que, reunindo os requisitos xerais, dispoña dunha menor renda familiar.

A renda familiar estimarase segundo os datos correspondente ao ano 2008.

Aos efectos do cálculo da renda familiar son membros computables da familia, o pai e a nai, o solicitantes, os irmáns solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2008 ou os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, así como os ascendentes dos pais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores co certificado municipal correspondente.

A renda persoal disponible é a renda familiar dividida polo número dos membros computables da unidade familiar.

A renda persoal dispoñible non poderá superar en ningún caso os 10.000 euros.

5. REGLAS DE PROCEDEMENTO

A solicitude de bolsa e a documentación requerida deberán ser presentadas no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ó de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.

Todas as solicitudes deben vir acompañadas da seguinte documentación:

a) Copia cotexada de documento de matrícula na Escola Superior Gallaecia na que figuren as materias e créditos nos que se matricula o alumno ou alumna para o presente curso.

b) Certificado expedido pola Escola Superior dos créditos superados en cursos anteriores.

c) Copia cotexada do resgardo bancario no que conste o pago do importe da matrícula do presente curso académico.

d) Copia do DNI do solicitante e dos membros da familia maiores de 14 anos.

e) Copia do NIE do solicitante e dos membros da familia estranxeiros non pertencentes á Comunidade Europea.

f) Copia da folla do libro de familia dos menores de 14 anos.

g) Documento do banco no que conste os códigos de entidade, oficina, n° de conta e díxito de control. O solicitante debe ser titular desa conta.

h) Certificado anual, no caso de non facer a declaración de IRPF, de calquera tipo de ingresos percibidos no ano 2008 (de traballo, pensións, desemprego, etc..) onde figuren as retencións de IRPF e as cotizacións á Seguridade Social.

i) Certificado de convivencia do Concello no que figuren todos os membros que vivan no domicilio familiar, incluído o solicitante.

j) Certificación de datos económicos da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) de todos os membros computables maiores de 16 anos referidos ao ano 2008.

k) Xustificante de ingresos obtidos pola unidade familiar no estranxeiro no ano 2008, se é o caso.

l) O solicitante de bolsa que se poña como independente deberá achegar necesariamente: o certificado de datos económicos da AEAT do 2008, xustificante dos ingresos do ano 2007 e 2008, certificado de vida laboral e xustificante de residencia do ano 2007 e 2008.

m) Xustificación de viuvez, soltería, separación ou divorcio do pai ou da nai do solicitante.

n) Xustificante de orfandade absoluta do solicitante.

o) Xustificante da condición e grao de minusvalía dos irmáns do solicitante maiores de 25 anos.

p) Calquera outra documentación acreditativa de circunstancias persoais que se estime de interese.

As solicitudes deberán presentarse nas oficinas xerais do Concello do Porriño.

No suposto de que as solicitudes presentadas non reúnan os requisitos sinalados, requirirase aos interesados para que no prazo de DEZ DÍAS emenden as anomalías advertidas. No caso contrario procederase ao arquivo da solicitude.

6. PAGAMENTO DA AXUDA

Ao beneficiario da bolsa aboaráselle o importe da mesma no número de conta bancaria que fixo constar na solicitude. No caso de presentación de renuncia procederase a adxudicar a bolsa ao primeiro da lista de agarda.

7. REVOGACIÓN DA CONCESIÓN

A concesión desta axuda poderá ser revogada no caso de ser concedida a alumnos que non reúnan algún ou algúns dos requisitos establecidos ou incurran en ocultación ou falseamento de datos. Neste caso o alumno deberá reintegrar o importe da axuda.

8. INCOMPATIBILIDADE

Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda, bolsa, etc. que obteña o solicitante de calquera administración, entidade pública ou privada e, nese caso, deberá comunicalo á Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado.

9. INSTRUCCIÓN E ÓRGANO INSTRUCTOR

A instrucción do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle á Xefa de Negociado de Gastos.

A Xefa de Negociado realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

As actividades de instrucción comprenderán:

Petición de cantos informes estime necesarios ou aqueles que sexan esixidos polas normas que regulen as subvencións.Todos serán emitidos nos prazos regulamentarios para resolver.

Avaliación das solicitudes ou peticións, realizada segundo os criterios, formas e prioridades de valoración estabelecidos nas bases da convocatoria.

Unha vez avaliadas as solicitudes, a comisión cualificadora deberá emitir informe no que se concrete o resultado da avaliación realizada.

A Xefa de Negociado, tendo en conta o expediente e o informe da comisión cualificadora, formulará unha proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que deberá notificárselles ás persoas interesadas e mediante a publicación no taboleiro de anuncios do Concello. Concederáse un prazo de dez días para presentar alegacións, ou a solicitude de reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención que se propón outorgar.

Examinadas as alegacións, de ser presentadas polos interesados, a persoa instructora formulará proposta de resolución definitiva, que deberá expresar o solicitante ou a relación de solicitantes para os que se propón a concesión de subvención, a súa contía, con especificación da avaliación e dos criterios de valoración seguidos para realizala. Ao expediente engadirase informe da Xefa de Negociado no que conste que da información levada a cabo se desprende que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás mesmas.

As propostas de resolución provisional e definitiva non crean dereitos a favor do beneficiario proposto fronte á Administración mentres non se realice a notificación da resolución definitiva da concesión.

O estudio e, de ser o caso, a concesión ou denegación de axudas económicas, realizarase tralo estudo do bloque de solicitudes presentadas.

10. COMISIÓN CUALIFICADORA

A comisión cualificadora estará composta polo Sr. Alcalde, o Interventor do Concello e con voz e sen voto a Xefa de Negociado de Gastos.

11. RESOLUCIÓN

Unha vez que realicen todos os trámites relacionados con cada solicitude, a Comisión Cualificadora elaborará proposta de resolución que, logo do informe de Intervención, serán resoltas polo órgano competente no procedemento concedendo ou denegando a subvención.

De non resolverse expresamente esta convocatoria no prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación da solicitude, entenderase desestimada.

A resolución pon fin a vía administrativa.

No Porriño, a 19 de outubro de 2009.O Alcalde, Raúl Francés Rodríguez. 2009011970

7166395.pdf