Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión con carácter interino dunha praza de técnico Auxiliar de Informática

Ficha de esta disposición

Título:
Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión con carácter interino dunha praza de técnico Auxiliar de Informática
Nº de Disposición:
0
Boletín Oficial:
BOP-PONTEVEDRA 216
Fecha Disposición:
09/11/2009
Fecha Publicación:
09/11/2009
Órgano Emisor:
MARIN
Con data 14 de outubro 2009 o Sr Alcalde Presidente do Concello de Marín aprobou as bases rectoras do proceso selectivo para a provisión con carácter interino dunha praza de técnico Auxiliar de Informática así como a convocatoria de dito proceso selectivo.

BASES RECTORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN CON CÁRACTER INTERINO DUNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO/A AUXILIAR DE INFORMÁTICA (SUBGRUPO C1)

I. OBXECTO DA CONVOCATORIA E SISTEMA DE SELECCIÓN

É obxecto da presente convocatoria a selección dun/ha funcionario/a interino/a para a cobertura transitoria dunha praza de Técnico Auxiliar de Informática, encadrada na Escala de Administración Especial, subescala técnica, clase auxiliares, Grupo C, subgrupo C1 (antiguo grupo C), nivel 20, vacante na plantilla de persoal do Concello de Marín, polo sistema de oposición libre.

O candidato/a que resulte seleccionado/a estará adscrito ó Servizo de informática do Concello, co fin de servir de apoio as necesidades do Concello e da Biblioteca Municipal e principalmente a atención do Telecentro instalado nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal de Marín, tendo ó seu cargo, entre outras, as seguintes tarefas:

a) Ánalise e programación de aplicacións

b) Apoio a usuarios e impartición de cursos

c) Mantemento de hardware

d) Instalación de equipos e sistemas

e) Operación de sistemas en grandes centros de datos

f) Apoio auxiliar na xestión de sistemas, redes, datos e seguridade

g) Dinamización do Telecentro do Concello, mantendo estreito contacto coa rede de centros a nivel galego.

O horario de traballo axustarase as necesidades do servicio ó que se adscribe a plaza e, en concreto, o horario de apertura do Telecentro, sendo a súa xornada laboral de mañá e de tarde.

II. NATUREZA DAS RELACIÓNS COA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL E DOTACIÓN ECONÓMICA

A persoa seleccionada será nomeada funcionario/a interino/a para o desempeño transitorio das funcións descritas, propias de funcionarios de carreira, mediante a cobertura temporal, da praza vacante en plantilla de Técnico Auxiliar de Informática (Grupo C, subgrupo C1, nivel 20), en tanto non sexa posible a sua cobertura por funcionario de carreira, e permanezan as razóns de necesidade e urxencia que xustifiquen a sua cobertura interina.

Dito persoal cesará cando a praza sexa cuberta en propiedade ou cando desaparezan as circunstancias que motivaron o seu nomeamento.

As retribucións básicas do posto serán as correspondentes aos funcionarios do subgrupo C1, nivel 20, e as complementarias as que teña asignadas o posto de traballo que se lle adscribe, na Relación de postos de traballo.

III. REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES

Os aspirantes deberán posuir, no día en que remate o prazo para a presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

1.ter a nacionalidade española, sen perxuizo do previsto no artigo 57 da Ley 7/2007 do 12 de abril, do estatuto Básico do Empregado Público relativo o acceso a función pública dos nacionais doutros países.

2.-posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.ter cumpridos dezaséis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

4.non ter sido separado por expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso o emprego público.

5.estar en posesión ou en condición de obter no día en que remate a presentación de instancias, do título de baharel ou técnico ou título equivalente.

No caso de titulacións obtidas no extranxeiro deberá acreditarse fidedignamente a súa homologación.

6.aboamento dos dereitos de exame por importe de 18,03 euros, que poderá efectuarse na Tesourería Municipal do Concello ou mediante ingreso na conta xeral do Concello nº 2080-0430-380040102174.

IV. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que figura como Anexo II a convocatoria, que deberá presentarse no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES dende a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Estas bases tamén estarán expostas no taboleiro de anuncios do Concello.

A dita instancia deberá acompañar a seguinte documentación:

Fotocopia do DNI

Fotocopia da titulación esixida.

No seu caso, fotocopia do certificado oficial acreditativo do coñecemento da lingua galega.

Xustificante do aboamento dos dereitos de exame, por importe de 18,03 euros.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Marín, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres ou de 9 a 13 horas os sábados.

As instancias tamén poderán ser presentadas nas formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de Réximen Xurídico e Procedemento Administrativo Común

V. ADMISIÓN DE PARTICIPANTES

Rematado o prazo de presentación de instancias o Alcalde dictará resolución aprobando a lista provisional de admitidos e excluidos, así como as causas da súa exclusión. Esta Resolución será publicada no Taboleiro de Anuncios do Concello.

Os aspirantes excluidos disporán dun prazo de tres días hábiles a contar dende o día seguinte o da publicación da resolución para a subsanación dos defectos ou omisións así como para efectuar reclamacións.

Rematado dito prazo O Alcalde mediante resolución pola que aprobará a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluidos, procederá a designación dos membros do tribunal cualificador e convocará ós admitidos mediante a publicación da resolución no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

No caso de que dende un primeiro momento non houbese ningún aspirante excluido, dictarase resolución aprobando a listaxe definitiva de admitidos. Na mesma resolución determinarase a designación do Tribunal cualificador así como o lugar, data e hora da celebración dos exercicios. Esta resolución será publicada no tablón de anuncios da Casa do Concello.

VI. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL

A composición do Tribunal axustarase o previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público non podendo ser parte do mesmo os funcionarios interinos nin o persoal eventual. O Tribunal estará integrado por:

Presidente/a: un/ha funcionario/a con Habilitación de carácter Estatal ou Técnico/a de Administración Xeral do Concelo de Marín.

Secretario/a: o da Coporación ou funcionario en quen delegue.

3 Vocais:

Dous funcionarios de carreira do Concello de

Marín ou de calquera outro Concello ou Administración Pública, con titulación igual ou superior a esixida para os postos convocados.

Un funcionario de carreira do Concello de

Marín ou de calquera outro Concello ou Administración Pública, con titulación e/ou especialización igual ou superior a esixida para o posto convocado, designado pola Alcaldía a proposta da Xunta de Persoal do Concello, pero que actuará en todo caso a título individual.

Tódolos membros do Tribunal actuarán con voz e voto.

O Alcalde poderá designar mediante Resolución suplentes dos titulares en caso de necesidade.

A composición nominal dos membros do tribunal Cualificador, farase pública coa resolución aprobando a lista definitiva de admitidos ó proceso na que tamén se sinalará o lugar, a data e a hora de comezo dos exercicios.

O Tribunal Cualificador non poderá constituirse ni actuar sen a asistencia de, a lo menos, tres dos seus membros (titulares ou suplentes, indistintamente) e, en todo caso, coa asistencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a.

Os membros do Tribunal Cualficador deberán absterse de intervir, cando concurran neles algunha das circunstancias previstas no art 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicos e do Procedemento Administrativo Común.

Asimismo, os aspirantes, poderán recusar os membros do Tribunal cando nos mesmos concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención de conformidade co establecido no art. 29 da lei 30/1992.

O Tribunal quedará facultado para resolver tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas bases e tomalos acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o no previsto nas presentes bases.

A actuación do tribunal rexerase polo disposto nas presentes bases e na Lei 30/1992.

VII. EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

A) Primeiro exercicio de carácter obligatorio e eliminatorio.Proba teórica: consistirá en contestar por escrito, nun prazo máximo de hora e media, un cuestionario elixido por sorteo de entre dous propostos polo tribunal, de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas por pregunta, relacionado có contido do programa que figura como anexo I.

Cada unha das respostas correctas sumará 0,1 puntos e cada resposta incorrecta restará 0,05 puntos, non puntuándose nen penalizándose as preguntas non contestadas.

Este exercicio se cualificará de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para acceder o seguinte exercicio.

B) Segundo exercizo de carácter obligatorio e eliminatorio.Proba práctica: Consistirá na resolución dun suposto práctico, elixido por sorteo de entre dous supostos propostos polo tribunal, relacionado co temario, que poderá constar de varios exercicios, no tempo de realización que acorde o Tribunal, tendentes a acreditar os coñecementos do aspirante en relación coas función e habilidades propias do posto.

Esta proba cualificarse de 0 a 10 puntos, sendo preciso obter un mínimo de cinco puntos para superalo.

C) Terceiro exercicio obrigatorio e non eliminatorio.Proba de coñecemento da lingua galega.

O Tribunal valorará o nivel de coñecemento da lingua galega dos aspirantes, mediante unha proba escrita consistente na traducción dun texto do castelán ó galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal e na traducción dun texto do galego ó castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal no tempo que este determine.

Esta exercicio, que non terá carácter eliminatorio, calificarase de 0 a 5 puntos.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten posuir, no día de finalización do prazo de presentación de instancias, o Certificado de Lingua Galega 4 (Celga 4) ou equivalente (título de perfeccionamento de galego) debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Os aspirantes que por acreditar o correspondente certificado estén exentos de realizar a proba de galego, obterán 5 puntos na proba de coñecemento da lingua galega.

O Tribunal poderá acorda-la lectura dos ejercicios polos propios aspirantes en sesión pública.

VIII. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS

Os/as aspirantes deberán presentarse para a realización de cada proba provistos do documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal Cualificador, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica das mesmas. En calquera momento os membros do Tribunal poderán requirir aos aspirantes que acrediten a súa identidade.

Os/as aspirantes serán convocados para cada proba en chamamento único; a non presentación no momento de ser chamado suporá a exclusión do proceso selectivo, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados motivada e discrecionalmente polo Tribunal.

De cada sesión que celebre o Tribunal Seleccionador levantarase acta polo Secretario da mesma, onde se farán constar as cualificacións dos exercicios dos/as aspirantes, así como as incidencias que se produzan.

IX. PUBLICIDADE DO PROCESO SELECTIVO

A publicidade do presente procedemento selectivo realizarase mediante a publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicándose os restantes anuncios no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

X. CUALIFICACIÓN FINAL E PROPOSTA

DE NOMEAMENTO

A orde de prelación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios, non puidendo superar o proceso selectivo un número de persoas superior ó das prazas convocadas, formulándose proposta de nomeamento a favor do aspirante que acadase maior puntuación.

No caso de empate na puntuación final entre dous ou máis aspirantes, o mesmo será resolto acudindo a puntuación obtida no primeiro exercicio e se persistise o empate acudirase a puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata a resolución do mesmo. En caso de persistir o empate, este se resolverá por sorteo realizado en presencia dos interesados.

Na acta da última sesión incluirase unha relación dos aspirantes que, tendo aprobados todolos exercicios obrigatorios da oposición, non obtivesen praza na orde da puntuación final por estes obtida, co fin, si se estima necesario, de cubrir vacantes por renuncia dalgún dos seleccionados ou de ser nomeados interinamente no caso de acadarse vacante nalgún posto da mesma categoría convocada. O chamamento se realizará telefónicamente.

Dita lista estará vixente ata nova convocatoria ou celebración de proceso de selección para a cobertura definitiva do posto de traballo.

XI. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS

O/A aspirante proposto/a aportará dentro do prazo de 10 días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados/as, no taboleiro de anuncios do Concello, os documentos acreditativos de que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base terceira desta convocatoria, que poderán ser orixinais ou copias compulsadas seguintes:

a) Fotocopia compulsada do documento acreditativo da súa personalidade.

b) Fotocopia compulsada do Título académico esixido para o ingreso.

c) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que inhabilite para o desenvolvemento nas funcións propias da praza.

d) Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, e non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

Se dentro do prazo indicado, e salvo supostos de forza maior, o/a aspirante proposto/a non presentase a súa documentación ou non reunira os requisitos esixidos non poderá ser nomeado/a funcionario interino quedando anuladas todas as súas actuacións sen prexuízo das responsabilidades nas que puidera incorrer por falsidade na instancia.

Para o suposto de que o/a aspirante inicialmente proposto/a (ou os/as sucesivos seguintes) renunciasen á contratación ou non reuniran os requisitos esixidos na convocatoria, trasladarase a proposta de nomeamento a favor do/a seguinte aspirante (ou no seu caso, dos seguintes aspirantes) que tendo superados as probas da oposición, non foran incluidos na lista de aprobados/as e proposta de nomeamento, conforme o sinalado no último parágrafo da base anterior.

XII.NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO INTERINO E TOMA DE POSESIÓN:

Concluído o proceso selectivo e presentada a documentación a que se refire o apartado anterior, o/a aspirante proposto será nomeado/a funcionario/a interino/a polo Sr. Alcade, sendo nulo a proposta a favor de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes, contado dende o seguinte á notificación do nomeamento. De non tomar posesión no prazo indicado, sen causa justificada que deberá ser alegada e aceptada, decaerá nos seus dereitos.

Os/as aspirantes que superen tódalas probas de que consta o proceso selectivo convocado sen dereito a obter praza formarán unha lista de sustitucións, ordeada en función da puntuación obtida (de maior a menor cualificación final obtida) os efectos de poder ser hipotéticamente nomeados/as como persoal interino (para o caso de producirse novas vacantes) ou ser eventualmente contratados como persoal laboral temporal para necesidades coxunturais. XIII. DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

Primeira.Para todo o non previsto nestas Bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, no Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda.As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas e das actuacións do Tribunal Cualificador, poderán ser impugnadas polos interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como segundo a lexislación reguladora da Xurisdicción Contencioso- Administrativa e normas vixentes concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.

Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.

ANEXO I: TEMARIO

BLOQUE I: PARTE GENERAL

1. La Constitución Española de 1978. Derechos y deberes fundamentales. Su garantía y suspensión. La Jefatura del Estado. La Corona. Funciones constitucionales del Rey.

2. Las Cortes Generales. Atribuciones del Congreso de los Diputados y del Senado. El Tribunal Constitucional. Composición y atribuciones. El Defensor del Pueblo.

3. El Gobierno. Su composición. Nombramiento y cese. Las funciones del Gobierno. Relaciones entre el Gobierno y las Cortes Generales.

4. La Administración Pública: Principios constitucionales informadores. La Administración General del Estado: organización y personal a su servicio. Las Comunidades Autónomas y la Administración Local: regulación constitucional.

5. Las fuentes del Derecho Administrativo. La jerarquía de las fuentes. La Ley. Las Disposiciones del Ejecutivo con fuerza de Ley: Decreto-Ley y Decreto Legislativo. El Reglamento: concepto, clases y límites. Otras fuentes del Derecho Administrativo.

6. Políticas de Igualdad de Género. La Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la Igualdad efectiva de mujeres y hombres. Políticas contra la Violencia de género. La Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género. 7. La sociedad de la información. Legislación sobre sociedad de la información y firma electrónica. El DNI electrónico.

8. La protección de datos personales. La Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal y Normativa en Desarrollo. La Agencia de Protección de Datos: competencias y funciones.

9. La Ley 11/2007, de acceso electrónico de los ciudadanos a los servicios públicos. La gestión electrónica de los procedimientos administrativos: registros, notificaciones y uso de medios electrónicos.

10. Instrumentos para el acceso electrónico a las Administraciones Públicas: sedes electrónicas, canales y puntos de acceso, identificación y autenticación.

BLOQUE II: PARTE ESPECÍFICA

1. Informática básica. Conceptos de datos e información. Concepto de sistema de información. Elementos constitutivos de un sistema. Características y funciones. Arquitectura de ordenadores. Elementos básicos. Funciones. La unidad central de proceso. La memoria principal.

2. Periféricos. Conectividad. Elementos de impresión. Elementos de almacenamiento. Elementos de visualización y digitalización.

3. Estructuras de datos. Organizaciones de ficheros. Algoritmos. Formatos de información y ficheros.

4. Sistemas operativos. Características y elementos constitutivos. Sistemas Windows. Sistemas Unix y Linux.

5. Sistemas de gestión de bases de datos relacionales. Características y componentes. Sistemas de gestión de bases de datos orientados a objetos.

6. Modelo conceptual de datos. Entidades, atributos y relaciones. Reglas de modelización. Diagramas de flujo de datos. Reglas de construcción. Descomposición en niveles. Flujogramas.

7. Diseño de bases de datos. Diseño lógico y físico. El modelo lógico relacional. Normalización.

8. Lenguajes de programación. Representación de tipos de datos. Operadores. Instrucciones condicionales. Bucles y recursividad. Procedimientos, funciones y parámetros. Vectores y registros. Estructura de un programa.

9. Lenguajes de interrogación de bases de datos. Estándar ANSI SQL.

10. Diseño y programación orientada a objetos. Elementos: objetos, clases, herencia, métodos. Ventajas e inconvenientes.

11. Lenguajes de programación. Características, elementos y funciones en entornos Java, C, y C++ y. Net. 12. Arquitectura cliente/servidor. Modelo de 2 capas. Modelo de 3 capas. Componentes y operación. Arquitecturas de servicios web (WS).

13. Aplicaciones Web.Tecnologías de programación. JavaScript, applets, servlets, servicios web. Lenguajes de descripción de datos: HTML y XML.

14. Accesibilidad, diseño universal y usabilidad. Acceso y usabilidad de las tecnologías, productos y servicios relacionados con la sociedad de la información.

15. Herramientas CASE: características. Repostorios: estructura y actualización. Generación de código y documentación.

16. Administración del Sistema operativo y software de base. Funciones y responsabilidades. Control de cambios de los programas de una instalación.

17. Administración de bases de datos. Funciones y responsabilidades.

18. Administración de redes de área local. Gestión de usuarios. Gestión de dispositivos.

19. Conceptos de seguridad de los sistemas de información. Seguridad física. Seguridad lógica. Amenazas y vulnerabilidades. Infraestructura física de un CPD: acondicionamiento y equipamiento.

20. Comunicaciones. Medios de transmisión. Modos de comunicación. Equipos terminales y equipos de interconexión y conmutación.

21. Sistemas de comunicación. Frame Relay, ATM, RDSI, xDSL. Sistemas inalámbricos.

22. El modelo de referencia de interconexión de sistemas abiertos (OSI) de ISO. Protocolos TCP/IP.

23. Internet. Origen, evolución y estado actual. Servicios: correo electrónico, WWW, FTP, Telnet. Protocolos HTTP, HTTPS y SSL.

24. Seguridad y protección en redes de comunicaciones. Sistemas de cortafuegos. Redes Privadas Virtuales (VPN).

25. Redes locales. Tipología. Métodos de acceso. Dispositivos de interconexión.

ANEXO II

Modelo de instancia:

D./ª.____________________________________________, con D.N.I. num._________________, e con enderezo en (Rúa/lugar) __________________(Localidade)________(Municipio)____________(Código postal)___________,

EXPÓN:

Que enterado/a da convocatoria de probas selectivas para o nomeamento interino dun/ha Técnico Auxiliar de informática, para a atención do Telecentro do Concello de Marín

MANIFESTA que coñece as bases ou criterios de selección desta convocatoria, e que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base III da mesma. Que acompaña a documentación a que se fai referencia na base IV.

Por todo iso,

SOLICITA:

Que previos os trámites oportunos teñan por presentada, en tempo e forma, a presente instancia/solicitude, e na súa virtude procedan a admitir ao/á que suscribe ás probas da convocatoria de referencia

Marín, 14 de outubro de 2009.O Alcalde-Presidente, Francisco A. Veiga Soto. 2009012047

7157932.pdf