BASES DA CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO
I.OBXECTO DA CONVOCATORIA
Esta convocatoria ten por obxecto a cobertura con carácter interino, por exceso ou acumulación de tarefas, de acordo co previsto no artigo 10.1.d) da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, por prazo máximo de seis meses, polo procedemento de oposición libre, do posto de traballo que se relaciona
II.NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS
Unha praza de auxiliar administrativo, asimilada as de auxiliar administrativo, escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo C2, nivel 17.
A persoa seleccionada será nomeada funcionario/a interino/a para o desempeño con carácter temporal, por prazo máximo de 6 meses, das funcións propias da praza convocada en tanto dure a situación de exceso e acumulación de tarefas que motivan esta convocatoria.
III.REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán posuir, no día en que remate o prazo para a presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
1.ter a nacionalidade española, sen perxuizo do previsto no artigo 57 da Lei 7/2007 do 12 de abril, do estatuto Básico do Empregado Público relativo o acceso a función pública dos nacionais doutros países.
2.-posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
3.ter cumpridos dezaséis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
4.non ter sido separado por expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso o emprego público.
5.estar en posesión ou en condición de obter no día en que remate a presentación de instancias, do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro deberá acreditarse fidedignamente a súa homologación.
6.aboamento dos dereitos de exame por importe de 18,03 euros, que poderá efectuarse na Tesourería Municipal do Concello ou mediante ingreso na conta xeral do Concello nº 2080-0430-380040102174.
IV.SOLICITUDES
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia que se axustará o modelo que figura como Anexo II a convocatoria, que deberá presentarse no prazo de dez días hábiles dende a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Estas bases tamén estarán expostas no taboleiro de anuncios do Concello.
A dita instancia deberá acompañarse a seguinte documentación:
Fotocopia do DNI
Fotocopia da titulación esixida.
No seu caso, fotocopia do certificado oficial acreditativo do coñecemento da lingua galega.
Xustificante do aboamento dos dereitos de exame, por importe de 18,03 euros.
A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Marín, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres ou de 9 a 13 horas os sábados.
As instancias tamén poderán ser presentadas nas formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de Réximen Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común.
V.ADMISIÓN DE PARTICIPANTES
Rematado o prazo de presentación de instancias o Alcalde dictará resolución aprobando a listaxe provisional de admitidos e excluidos, así como as causas da súa exclusión. Esta Resolución será publicada no Taboleiro de Anuncios do Concello.
Os aspirantes excluidos disporán dun prazo de tres días hábiles a contar dende o día seguinte o da publicación da resolución para a subsanación dos defectos ou omisións así como para efectuar reclamacións.
Rematado dito prazo O Alcalde mediante resolución pola que aprobará a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluidos, procederá a desiganción dos membros do tribunal cualificador e convocará os admitidos mediante a publicación da resolución no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
No caso de que dende un primeiro momento non houbese ningún aspirante excluido, dictarase resolución aprobando a lista definitiva de admitidos. Na mesma resolución determinarase a designación do Tribunal cualificador así como o lugar, data e hora da celebración dos exercicios. Esta resolución será publicada no tablón de anuncios da Casa do Concello.
VI.ÓRGANO DE SELECCIÓN
A composición do Tribunal axustarase ó previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público non podendo ser parte do mesmo os funcionarios interinos nin o persoal eventual.
O Tribunal estará integrado por:
Presidente/a: un/ha funcionario/a con Habilitación de carácter Estatal ou Técnico/a de Administración Xeral do Concelo de Marín.
Secretario/a: o da Coporación ou funcionario en quen delegue.
3 Vocais:
Dous funcionarios de carreira do Concello de
Marín ou de calquera outro Concello ou Administración Pública, con titulación igual ou superior a esixida para os postos convocados.
Un funcionario de carreira do Concello de
Marín ou de calquera outro Concello ou Administración Pública, con titulación e/ou especialización igual ou superior a esixida para o posto convocado, designado pola Alcaldía a proposta da Xunta de Persoal do Concello, pero que actuará en todo caso a título individual.
Tódolos membros do Tribunal actuarán con voz e voto. O Presidente poderá designar mediante Resolución suplentes dos titulares en caso de necesidade.
A composición nominal dos membros do tribunal Cualificador, farase pública coa resolución aprobando a lista definitiva de admitidos ó proceso na que tamén se sinalará o lugar, a data e a hora de comezo dos exercicios.
O Tribunal Cualificador non poderá constituirse ni actuar sen a asistencia de, a lo menos, tres dos seus membros (titulares ou suplentes, indistintamente) e, en todo caso, coa asistencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a.
Os membros do Tribunal Cualficador deberán absterse de intervir, cando concurran neles alguna das circunstancias previstas no art 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicos e do Procedemento Administrativo Común.
Asimesmo, os aspirantes, poderán recusar os membros do Tribunal cando nos mesmos concorra alguna das circunstancias previstas para a abstención de conformidade co establecido no art. 29 da lei 30/1992. O Tribunal quedará facultado para resolver tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas bases e tomalos acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o no previsto nas presentes bases.
A actuación do tribunal rexerase polo disposto nas presentes bases e na Lei 30/1992.
VII.EXERCICIOS DA OPOSICIÓN
Primeiro exercicio.Proba teórica de carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá en contestar por escrito, no tempo que determine o tribunal, un cuestionario de 10 preguntas, elixido por sorteo de entre dous propostos polo tribunal.
Esta proba cualificarese de 0 a 10 puntos e será necesario obter un mínimo de cinco puntos para a súa superación.
Segundo exercicio.Proba práctica de carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá na resolución dun suposto práctico, elixido por sorteo de entre dous supostos propostos polo tribunal, relacionado co temario, que poderá constar de varios exercicios, no tempo de realización que acorde o Tribunal, tendente a acreditar os coñecementos do aspirante en relación coas funcións e habilidades propias do posto.
Esta proba cualificarse de 0 a 10 puntos, sendo preciso obter un mínimo de cinco puntos para superalo.
Terceiro exercicio.Proba de coñecemento da lingua galega, obrigatorio e non eliminatorio
O Tribunal valorará o nivel de coñecemento da lingua galega dos aspirantes, mediante unha proba escrita consistente na traducción dun texto do castelán ó galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal e na traducción dun texto do galego ó castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Este exercicio, que non terá carácter eliminatorio, calificarase de 0 a 5 puntos.
Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten posuir, no día de finalización do prazo de presentación de instancias, o Certificado de Lingua Galega 3 (Celga 3) ou equivalente (título de iniciación de galego) debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.
Os aspirantes que por acreditar o correspondente certificado estén exentos de realizar a proba de galego, obterán 5 puntos na proba de coñecemento da lingua galega.
Os aspirantes, que en calqueira momento poderán ser requeridos para acreditala súa identidade, deberán presentarse ás probas provistos do documento acreditativo da mesma, así coma dos medios materiáis adecuados para a práctica das mesmas.
Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único e a súa non presentación no momento de ser chamado suporá a súa exclusión do proceso selectivo, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados polo Tribunal.
A cualificación final virá dada pola suma de tódalas cualificacións obtidas en cada un dos exercicios da oposición.
A orde de prelación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios, non puidendo superar o proceso selectivo un número de persoas superior ó das prazas convocadas, formulándose proposta de nomeamento a favor do aspirante que acadase a maior puntuación.
No caso de empate na puntuación final entre dous ou máis aspirantes, o mesmo será resolto acudindo a puntuación obtida no primeiro exercicio e se persistise o empate acudirase a puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata a resolución do mesmo. En caso de persistir o empate, este se resolverá por sorteo realizado en presencia dos interesados.
VIII.NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS INTERINOS E TOMA DE POSESIÓN
Os/as aspirantes propostos/as deberán aportar no prazo máximo de 10 días hábiles dende a proposta de nomeamento a seguinte documentación:
Fotocopia compulsada do documento acreditativo da súa personalidade
Fotocopia compulsada do Título Académico esixido
Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que o/a inhabilite para o desenvolvemento das funcións propias da praza.
Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, e non atoparse en ningunha das causas de incapacidade ou incompatiblidade determinadas na lexislación vixente.
Se dentro do plazo indicado, e salvo supostos de forza maior, o/a aspirante proposto/a non presentasen a súa documentación ou non reuniran os requisitos esixidos non poderá ser nomeado/a funcionario interino quedando anuladas todas as súas actuacións sen perxuizo das responsabilidades nas que puidera incorrer por falsidade na instancia.
Para o suposto de que o/a aspirante inicicialmente proposto/a (ou os/as sucesivos seguintes) renunciasen á contratación ou non reunira os requisitos esixidos na convocatoria, trasladarase a proposta de nomeamento a favor do/a seguinte aspirante (ou se e o caso, dos seguintes aspirantes) que tendo superados todalas probas da oposición non fora incluido na lista de aprobados/as e proposta de nomeamento.
Presentada a citada documentación os/as aspirantes propostos/a serán nomeados/as funcionarios/as interinos/as polo Sr. Alcalde, sendo nula a proposta a favor de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.
A toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes, contando dende o seguinte a notificación do nomeamento. De non tomar posesión no prazo indicado, sen causa xustificada que deberá ser alegada e xustificada, o aspirante decaerá nos seus dereitos.
IX.PUBLICIDADE DO PROCEDEMENTO
A publicidade do presente procedemento selectivo realizarase mediante a publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, publicándose os restantes anuncios no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
X.DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS
Primeira.Para todo o non previsto nestas Bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, no Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia e demáis lexislación vixente que sexa de aplicación.
Segunda.As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesma e das actuacións do Tribunal Cualificador, poderán ser impugnados polos/as interesados/as no caso e na forma establecidos na Lei Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, así como na Lei Reguladora da Xurisdicción Contencioso Administrativa e normas vixentes concordantes.
A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.
Terceira.Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa poderase interpoñer Recurso Contencioso Administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte a súa publicación.
Asimesmo, os/as interesados/as poderán interpoñer Recurso potestativo de Reposición perante o órgano que ditou a resolución no prazo dun mes dende a súa publicación. Neste caso, non se poderá interpoñer Recurso Contencioso Administrativo ata a resolución expresa ou presunta do Recurso de Reposición, de acordo co pevisto nos art.116 e 117 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.
ANEXO I: TEMARIO
Tema 1.A Constitución Española de 1978: estructura, contido e principios. Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.
Tema 2.A Coroa. As Cortes Xeráis, o Congreso dos Deputados e o Senado. O Goberno e a Administración.
Tema 3.Organización territorial do Estado español. As comunidades Autónomas. As administración Locáis. O Muncipio e a Provincia.
Tema 4.A Organización municipal: órganos e Competencias. Réximen de funcionamento dos órganos colexiados locais.
Tema 5.Competencias dos Concellos. As Ordenanzas municipais. Os Bandos da Alcaldía
Tema 6.O persoal o servizo das Entidades Locais. Funcionarios con habilitación de carácter nacional. Funcionarios de carreira, persoal eventual e persoal laboral.
Tema 7.As Disposicións e os Actos Administrativos. Requisitos dos actos administrativos. Eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade
Tema 8.O procedemento administrativo. Iniciación. Ordenación. Instrucción. Finalización do Procedemento. Execución.
Tema 9.A revisión dos actos en vía administrativa. Revisión de oficio. Recursos administrativos. Recurso de Alzada. Recurso Potestativo de Reposición. Recurso Extraordinario de Revisión.
Tema 10.O rexistro de documentos. Comunicacións e notificacións. A práctica das notificacións.
Tema 11. A potestade sancionadora. Concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. O procedemento sancionador e as suas garantías. Medidas sancionadoras administrativas.
Tema 12.Procesadores de texto. Follas de cálculo. Bases de Datos.
ANEXO II: MODELO DE INSTANCIA
Ó SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MARÍN
D/ª___________________________________________, con DNI número _____________, e enderezo en (Rúa/Lugar)________________________ (Localidade/Municipio)______________(Código Postal)___________, e nº de teléfono____________E X P Ó N:
Que enterado/a da convocatoria de probas selectivas para o nomeamento interino dun/ha Auxiliar Aministrativo/a de Administración Xeral
MANIFESTA:
1.que coñece as bases e os criterios de selección de esta convocatoria, e que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na mesma.
2.que achega a seguinte docuementación esixida na base IV:
Fotocopia do documento acreditativo da miña identidade.
Fotocopia do Título académico esixido para o ingreso.
Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado a cantidade de 18,03 euros en concepto de dereitos de exame.
No seu caso, fotocopia compulsada do certificado acreditativo dos coñecementos da lingua galega.
3.No suposto de ser proposto para o nomeamento comprométese a aportar a documentación precisa par acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria.
Por todo elo
SOLICITA
Que, previos os trámites oportunos, teña por presentada en tempo e forma a presente solicitude, e na súa virtude proceda a admitirme na proba de selección antes referida.
Marín a__________de_________________de 2009.
(Sinatura do aspirante)
O interesado autoriza ó Concello de Marín para o tratamento dos datos persoáis aquí reflectidos para actividades que son propias desta base de datos, para o seguimento e a xustificación da actividade e para calquera outra actividade directamente relacionada co obxecto deste formulario. O órgano responsable do ficheiro é o Concello de Marín e a dirección onde o interesado poderá exrecer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o mesmo é Avda. de Ourense s/n 36900 Marín (Pontevedra), de todo o cal infórmase en cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Marín a 15 de outubro de 2009.O Alcalde Presidente, Francisco A. Veiga Soto. 2009012046
