Anuncio de notificación Cotobade del 09 de noviembre de 2009 - 2241322

Ficha de esta disposición

Título:
Anuncio de notificación Cotobade del 09 de noviembre de 2009 - 2241322
Nº de Disposición:
0
Boletín Oficial:
BOP-PONTEVEDRA 216
Fecha Disposición:
09/11/2009
Fecha Publicación:
09/11/2009
Órgano Emisor:
COTOBADE
Intentada a notificación a Dª. Amalia Pérez López, de acordo co previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común publícase a seguinte notificación:

DECRETO DE ALCALDÍA, de data 18 de agosto de 2009

Asunto: Orde de execución destinada a reposición de condicións de seguridade, salubridade e ornato de terreos e construccións.

Expediente: 17.09

Vista a denuncia formulada por D. Enrique Lamoso Méndez, en data 15.07.2009 (entrada municipal nº 2860 de 15.07.2009) polo que denuncia a existencia de maleza na parcela 1922 do polígono 14 de Quinteiro de Abaixo en Rebordelo, propiedade, en condicións de abandono.

Realizadas as comprobacións pertinentes respecto á parcela e ó seu propietario, resultando ser Dª Amalia Pérez López, e ó correspondente expediente administrativo de referencia sobre imposición de orden de execución para o restablecemento das condicións de seguridade, salubridade e ornato público, de acordo co deber de conservación establecido na lei 8/2007, de 28 de maio, sobre o Solo, Art. 199 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, modificada por Lei 15/2004, e Art. 24 e ss. do Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística que obriga ós propietarios de toda clase de terreos e construccións a mantelos nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

Tendo en conta os seguintes

ANTECEDENTES:

1.Denuncia formulada por Enrique Lamoso Méndez.

2.Informe técnico municipal, de D. José Luis Barros Sousa, de data 05.08.2009, que fai constar os seguintes extremos:

a) O concello de Cotobade está catalogado como zona de alto risco de incendio.

b) Por Orde de 8 de Xuño de 2009 da Consellería de Medio Rural, se identifica neste ano 2009 como época de alto risco de incendio o periodo comprendido entre o 01.07.2009 e o 30.09.2009

c) Os propietarios de terreos situados nas faixas de especial protección están obrigados a manter as súas parcelas, e os camiños de titularidade privada e gabias, limpas de maleza e restos e coa masa arbórea rareada.

c) Os terreos sinalados polo denunciante non cumpren as condicións de poda, clareo e eliminación total establecidas por faixas na Lei 3/07 de protección e defensa contra incendios de Galicia.

d) Se identifica como responsable a Dª. Amalia Pérez López e a dirección a efectos de notificacións.

Tendo en conta os seguintes

FUNDAMENTOS DE DEREITO:

Artigo 21 do decreto 105/2006 de medidas relativas á prevención de incendios forestais:

1. Ó obxecto de protexer especialmente o espacio rural e os núcleos de poboación dos incendios, establécense faixas de especial protección naqueles terreos adicados a monte e áreas colindantes, conforme o artigo 44.3º da Lei 43/2003, de 21 de novembro, de montes, que comprenden:

a) A totalidade das parcelas que se atopen, fora do monte, a unha distancia inferior a 25 metros do seu perímetro.

b) A totalidade dos terreos forestais, rasos ou arbolados, situados, dentro do monte, a unha distancia inferior a 10 metros do seu perímetro.

c) Una franxa de 25 metros arredor de calquera edificación, urbanización, obras, instalacións industriais, eléctricas ou infraestructuras de transporte, ubicadas a menos de 400 metros do monte.

ARTIGO 25º.OBRIGAS DOS PROPIETARIOS

1. De maneira concreta, os propietarios dos terreos ubicados nas faixas de especial protección a que se refire o artigo 21 do presente decreto, deberán cumprir as seguintes medidas de prevención de incendios forestais

a) Asegurar que os terreos que comprende la

faixa de especial protección se atopen libres de vexetación accesoria á masa principal e coa masa arbórea aclarada, de acordo coa normativa existente ou que desenrole a Administración forestal, ou polos Concellos, no seu respetivo ámbito re competencias.

b) Manter limpos de vexetación os viales de titularidade privada, así como as zanxas.

c) Colaborar coas administracións competentes en materia de prevención e extinción de incendios forestais de protección civil.

()

3. El incumplimiento de estas obligaciones será constitutivo de las infracciones previstas en las letras o), p) y q) del artículo 67 de la Ley 43/2003, de montes, en relación con lo dispuesto en su artículo. 44.3º.

ARTIGO 199. LEI 9/2002. DEBER DE CONSERVACIÓN E ORDES DE EXECUCIÓN

1. Os propietarios de toda clase de terreos, urbanizacións de iniciativa particular, edificacións e carteis deberán mantelos nas condicións establecidas no artigo 9 desta lei.

2. Os concellos ordenarán, de oficio ou por instancia de calquera interesado, mediante o correspondente expediente e logo da audiencia dos interesados, a execución das obras necesarias para conservar aquelas condicións, con indicación do prazo de realización. Cando a entidade das obras o requira, o concello esixiralle ó obrigado a solicitude de licencia acompañada do proxecto técnico correspondente.

3. Tamén poderán ordenar as obras necesarias para adaptar as edificacións e construcións ao contorno, segundo o establecido no artigo 104 desta lei, tales como acabado, conservación, renovación ou reforma de fachadas ou espazos visibles desde a vía pública, limpeza e valado de terreos edificables, e retirada de carteis ou doutros elementos impropios dos inmobles.

As obras executaranse a custa dos propietarios se estivesen dentro do límite do deber de conservación que lles corresponde, e con cargo aos fondos da entidade que a ordene cando a superase para obter melloras de interese xeral.

4. No caso de incumprimento da orde de execución de obras, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria dela ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata logra-la execución das obras ordenadas.

En uso das facultades que me confire a normativa vixente, artigo 21.1 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada por Lei 57/2003, de Medidas para a Modernización do Goberno Local, e no artigo 61.1 da Lei 5/97, de 22 de Xuño, de Administración Local de Galicia, pola presente

RESOLVO:

Primeiro.Incoar expediente de Orde de Execución contra Dª. Amalia Pérez López, propietaria da parcela identificada como nº 1922 do polígono 14 de Quinteiro de Abaixo, Rebordelo e ordenar a limpeza da parcela en cumprimento do disposto tanto na Lei 9/2002, deber de conservación en condicións de seguridade, salubridade e ornato público, como na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e no Decreto 105/2006 de medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamientos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.

Conceder á propietaria trámite de Segundo. vista e audiencia por un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de recepción da presente notificación, durante o cal poderá examinar o expediente, formular cantas alegacións e presentar a documentación que estime pertinentes en defensa dos seus dereitos e intereses, de conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Terceiro.Advertir á denunciada que, dacordo co previsto no artigo 199.4 da Lei 9/2002 (orden de execución e deber de conservación) en caso de incumprimento da orde de execución procederá a execución subsidiaria ou a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata logra-la execución das tareas ordenadas.

Cotobade a 16 de outubro de 2009.O alcalde, Manoel Loureiro Adán. 2009011585

7157926.pdf