Durante o prazo de dez (10) días, a contar desde a publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra, estarán a disposición de quen acredite ser o seu lexítimo dono, que deberá satisfacer o importe dos gastos e eventuais danos causados. O prazo de 20 días previsto na Lei 30/1992 de 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común redúcese á metade por motivos de urxencia por tratarse de gando salvaxe que pode perecer ó estar retido moito tempo en catividade.
As reses teñen as seguintes características:
2 Femias. Capa castaño claro. Dunha idade de 2 a 4 anos.
1 Femia. Capa castaño oscuro cunha cuncha encima dos ollos. Dunha idade de 10 anos.
2 Femias. Capa branca. Unha cunha idade aproximada de 12 anos, e a outra de 5 anos.
1 Femia. Capa negra coa fronte branca. Dunha idade aproximada de 14 anos.
1 Femia. Capa castaña coa fronte da cabeza branca. Dunha idade aproximada de 3 anos.
1 Femia. Capa gris, cara branca que vai dende a altura dos ollos ata o fociño. Dunha idade aproximada de 5 anos.
1. Femia. Capa rubia coa fronte branca.Cunha idade aproximada de 16 anos.
1 Femia. Capa rubia escuro cunha cinta branca de arriba a abaixo da cara. Dunha idade aproximada de 18 anos. Posibilidade de preñez.
1 Femia. Capa negra cuncha branca. Dunha idade aproximada de 1 ano.
1. Femia. Capa castaña cunha cuncha grande en forma de pico na fronte ata altura dos ollos e dúas patas traseiras brancas. Dunha idade aproximada de 7 anos.
1 Macho. Capa castaña. Calzado de tres patas brancas ata o soltadoiro, dúas de atrás e unha diante. Cuncha branca na fronte. Idade aproximada de 12 anos.
1 Poldro macho. Capa gris e unha mancha branca a altura dos ollos.Idade aproximada de 6 meses.
1 Poldro femia. Capa cinza. Idade aproximada de 6 meses.
1 Poldro macho. Capa rubia cunha cuncha branca. Idade aproximada 6 meses.
1 Poldro negro. Careta branca. Idade aproximada 1 ano.
1 Femia: Idade aproximada 10 anos.
1 Poldra rubia. Idade aproximada 2 anos.
1 Poldra cinza. Idade aproximada 2 anos.
1 Poldra cinza. Idade aproximada 6 meses.
Advírtese de que se, transcorrido o prazo sinalado, non se presentasen os donos a reclamar as citadas reses, acreditando ser os seus donos, procederase á realización da subhasta para a súa venda, conforme o determinado no artigo 13 do devandito regulamento. Dita subhasta terá lugar o segundo día hábil posterior ó do remate deste prazo, ás 12 horas, no Salón de Actos da Casa do Concello. Se ese día coincidise en sábado o acto trasladarase ó seguinte día hábil.
Fíxase un prezo de partida en 1000 euros. O prezo ten que ofertarse polo conxunto e as poxas faranse incrementado o prezo de partida de 100,00 en 100,00 euros. O adxudicatario terá que depositar o prezo de adxudicación ó remate da poxa.
Caldas de Reis, 2 de novembro de 2009.Asdo: Juan Manuel Rey. 2009012160
