Simultáneamente anunciase o procedemento de contratación, aprazándose a licitación si resultara necesario por formularse reclamacións contra o prego.
ENTIDADE ADXUDICATARIA
Concello da Guarda, Praza do Reló s/n, 36780. Teléfono 986610000. Fax 986611083.
OBXECTO DO CONTRATO
Adxudicar a contratación da prestación dos servizos de redacción do proxecto para levar a cabo a demolición das obras de construcción de vivenda unifamiliar, en cumprimento da sentencia do Xulgado Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra dictada no procedemento ordinario 103/02 no Concello da Guarda. PRESUPOSTO BASE DE LICITACIÓN
1.550 euros (IVE engadido), respecto do que se admiten baixas.
MODALIDADE DE ADXUDICACIÓN
Procedemento aberto, tramitación ordinaria.
GARANTÍAS
Provisional.Será o 2% do tipo base de licitación.
Definitiva.Será do 5% do importe de adxudicación, exluido o IVE, do contrato así como as melloras ofertadas.
EXAME DO EXPEDIENTE
Os licitadores poderán examina-lo expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de 9 a 14 horas, agás sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS
No Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da última publicación do correspondente anuncio no BOP ou no DOGA, de 9 a 14 horas de luns a venres, e os sábados de 10 a 13 horas, na forma sinalada no Prego de Cláusulas administrativas Particulares.
APERTURA DE PROPOSICIÓNS
A Mesa de contratación procederá á cualificación da documentación xeral no Concello da Guarda ás doce horas do sesto día hábil seguinte ó que termine o prazo para a presentación de proposicións. A estes efectos, o sábado se considerará inhábil. Ás doce horas do décimo día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas, se procederá pola mesa de contratación á apertura das ofertas presentadas. A estes efectos, o sábado se considerará inhábil.
A Guarda, a 22 de outubro de 2009.O Alcalde, José Manuel Domínguez Freitas. 2009011876
