Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
Orzamento unico desta Entidade Local Menor
Nº de Disposición :
0
Boletín Oficial :
BOP-PONTEVEDRA 89
Fecha Disposición :
08/05/2007
Fecha Publicación :
08/05/2007
Órgano Emisor :
ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE
Pola Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Bembrive, en sesión de data 20 de marzo de 2007, aprobouse inicialmente o orzamento único desta Entidade Local Menor, as súas bases de execución así como a plantilla de persoal, e a relación de postos de traballo correspondente ao exercicio de 2007. En cumprimento do disposto nos artigos 169.1 e 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, publícase o seu resumo por capítulos:

ESTADO DE INGRESOS

Cap. 3. TAXAS E OUTROS INGRESOS........................... 3.200,00

Cap. 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES........................ 273.000,00

Cap. 5. INGRESOS PATRIMONIAIS.................................. 77.557,36

Cap. 6. ENAXENACIÓN DE INVERSIÓNS REAIS.......... 409.811,52

Cap. 7. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL....................... 200,00

TOTAL INGRESOS............................................... 763.768,88

ESTADO GASTOS

Cap. 1. GASTOS DE PERSOAL........................................ 71.568,88

Cap. 2. GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS 212.200,00

Cap. 3. GASTOS FINANCEIROS....................................... 4.000,00

Cap. 4. TRANSFERENCIAS CORRENTES...................... 30.000,00

Cap. 6. INVERSIÓNS REAIS............................................. 341.000,00

Cap. 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL....................... 5.000,00

TOTAL GASTOS................................................... 763.768,88

Na referida sesión, tamén se acordou aprobala plantilla e a relación de postos de traballo desta Corporación que, de acordo co que preceptúa o artigo 127 doReal Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, se reproducen a continuación:

Ver Anexo

Dando cumprimento ao establecido no artigo 75.5 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e acordado polo pleno na devandita sesión de data 20 de marzo do 2007 a modificación do artigo 22 das bases de execución do orzamento para o presente ano, relativo ás retribucións e indemnizacións dos membros da Corporación, fanse públicas as retribucións dos cargos con dedicación exclusiva e indemnizacións por asistencias:

1 º. Indemnizacións brutas por asistencia ás sesións da Xunta Veciñal con efectos do 1 de xaneiro do ano 2007, establecéndose o límite máximo de asistencias en unha ao mes:

Cargo Electivo Importe

AlcaldePedáneo 410,00

Vocal Tesoureiro 370,00

Vocal 330,00

Vocal 330,00

Asemade, as retribucións do vogal da ELMB con dedicación exclusiva, incrementaranse respecto das do exercicio anterior na porcentaxe que sinale a lexislación vixente respecto do persoal ó servicio da administración pública. Resultando para o presente exercicio do 2007 un importe bruto de 14.127,00.

Bembrive, 24 de abril de 2007. O Alcalde pedáneo, Benito Pérez González. 2007004345