Exposición pública do padrón de contribuíntes suxeitos á taxa pola prestación de servizos nos mercados municipais correspondente ao período impositivo do mes de setembro de 2009

Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
Exposición pública do padrón de contribuíntes suxeitos á taxa pola prestación de servizos nos mercados municipais correspondente ao período impositivo do mes de setembro de 2009
Nº de Disposición :
0
Boletín Oficial :
BOP-PONTEVEDRA 194
Fecha Disposición :
07/10/2009
Fecha Publicación :
07/10/2009
Órgano Emisor :
PONTEVEDRA
Lugar: Servizo de Inmobles (Campo do Boi, esquina a Jofre de Tenorio núm. 5)

Horario: de luns a venres, de 9:00 a 13.30 horas Prazo: Ata o 01 de decembro de 2009.

Exponse ao público ata o 01 de decembro de 2009 o Padrón de contribuíntes suxeitos a taxa pola prestación de servizos nos mercados municipais correspondente ao período impositivo do mes de setembro de 2009 aprobado, en data 24/09/2009, por Resolución da titular do Órgano de Tesouraría e Xestión Tributaria dona Mª del Mar Suárez Campo.

Contra o precedente acto, que pon fin á vía administrativa, e sen prexuízo de calquera outro recurso que considere oportuno o interesado, poderá interpoñerse:

1º Ou ben, o recurso potestativo de reposición ante o propio órgano que dictou o presente acto no prazo dun mes a contar desde o día seguinte da súa notificación ao abeiro do establecido no artigo 108 da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local. 2º Ou ben, directamente reclamación económico-administrativa ante o mesmo órgano no prazo dun mes, segundo establece o artigo 137 da mesma Lei.

No primeiro caso, se deberá notificar a resolución no prazo dun mes, conforme co establecido no artigo 14.2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, entendéndose desestimado de non resolverse en prazo, podendo entonces os interesados interpoñer reclamación económica-administrativa no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da desestimación presunta, consonte ao establecido no artigo 235 da Lei xeral tributaria e 20 do Regulamento orgánico do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Pontevedra.

No segundo caso, se deberá notificar a resolución no prazo dun ano (seis meses no caso de ser procedemento abreviado), entendéndose desestimado de non resolverse en prazo, podendo o interesado presentar recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte ao da desestimación presunta, de conformidade ao establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998 da xurisdicción contenciosoadministrativa. NOTA INFORMATIVA

Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico por recibo do Excmo. Concello de Pontevedra:

1.OConcello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento co que se deberá efectualo ingreso en calquera das oficinas das entidades de depósito autorizadas para a prestación do servizo de colaboración na xestión recadadora municipal (a práctica totalidade das mesmas), ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.

Unha vez efectuado o ingreso polo importe total que se ten que pagar, o exemplar para o interesado seralle devolto a este, o cal, debidamente dilixenciado, constituirá o xustificante de pago para tódolos efectos.

2.Anon recepción ou calquera outro erro nos datos consignados no documento cobratorio non exime da obriga de pagamento (art. 102 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria). Os contribuíntes que, trinta días antes do remate do período voluntario de ingreso, non recibisen ou extraviasen o xogo de impresos correspondente, disporán ata o último día do prazo citado para solicitar un duplicado nas dependencias municipais de recadación. Para a súa comodidade, acuda con antelación suficiente a solicitar o duplicado, evitando deste xeito a formación de colas e aglomeracións os derradeiros días do período voluntario.

3.Oscontribuíntes que domiciliasen o pagamento dos seus tributos cargarállese en conta o importe correspondente de acordo coas súas indicacións. PERÍODO VOLUNTARIO DE RECADACIÓN

Por resolución da Adxunta ao Órgano de Tesouraría e Xestión Tributaria de data 07 de agosto de 2009 sinálase o período voluntario de recadación e a data de cargo en conta dos recibos domiciliados en entidades de depósito dos tributos seguintes:

I. PADRÓN DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NOS MERCADOS MUNICIPAIS PARA O PERÍODO IMPOSITIVO DO MES DE SETEMBRO DE 2009 PERÍODO VOLUNTARIO DE RECADACIÓN: DO 01 DE OUTUBRO DE 2009 AO 01 DE DECEMBRO DE 2009.

DATA DE CARGO EN CONTA DOS RECIBOS DOMICILIADOS: 02 DE NOVEMBRO DE 2009. FORMA DE PAGAMENTO

En calquera oficina das seguintes entidades colaboradoras na recadación municipal, empregando o instrumento de cobro enviado ao domicilio fiscal dos contribuíntes para tal fin: Caixanova, Caixa Galicia, Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona la Caixa, Banco Santander, Banco Caixa Geral, Banco Pastor, Banco de Galicia, Banco Sabadell Atlántico, Banco Espirito Santo, Barclays Bank, Caja de Ahorros de Salamanca y Soria Caja Duero, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Caixa Catalunya, Caja de Madrid, Banco Gallego, Banco Popular Español, Banco Etcheverria e Caja del Mediterráneo. ADVERTENCIA

Rematado o período voluntario de ingreso, os recibos non pagados esixiranse pola vía administrativa de prema, coas recargas e xuros correspondentes, consonte co establecido nos artigos 161 da Lei xeral tributaria e 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación.(R.D. 939/2005,de 29 de xullo). DOMICILIACIÓN

Aconsellámoslle que, para a súa comodidade, domicilie o pagamento dos seus tributos de algunha dos seguintes xeitos:

a) na súa entidade financeira, se é algunha da xa mencionadas, no momento de pagar o recibo, e cubrindo a orde de domiciliación que se achega co impreso de pagamento. b) ou, cubrindo o modelo 800 do Concello de Pontevedra, de domiciliación bancaria e presentándoo no rexistro xeral daquel.

Pontevedra, a 24 de setembro de 2009.A titular do órgano de Tesouraría e Xestión Tributaria, Mª del Mar Suárez Campo.

7057131.pdf