I.- Obxecto e xustificación das necesidades para satisfacer. De conformidade co disposto nos artigos 22 e 74 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público (en diante LCSP), o obxecto deste prego de cláusulas administrativas particulares é regulala contratación da subministración de pensos, fertilizantes minerais, e sementes, con destino ó Servizo de Agricultura e Gandería da Excma. Deputación Provincial de Ourense con suxeición ó disposto no prego de prescricións técnicas particulares. A contratación desta subministración vén xustificada pola necesidade de adquirir estes materiais para o funcionamento ordinario dos centros ecuestres e granxas integradas neste servizo da Excma. Deputación Provincial de Ourense.
Oobxecto deste contrato estrutúrase en catro lotes diferenciados:
Lote 1: pensos.
Lote 2: penso composto equinos
Lote 3: fertilizantes minerais
Lote 4: sementes
II.- Tramitación e procedemento de adxudicación A subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes a esta Deputación Provincial durante o ano 2009 contratarase mediante procedemento aberto (artigos 141 a 145 da LCSP), e en procedemento ordinario (artigos 93 e 94 da LCSP).
III.- Natureza Este contrato cualifícase como contrato administrativo de subministracións, de conformidade co disposto nos artigos 5, 9 e 19.1. ada LCSP.
IV.- Financiamento Os importes da adxudicación, ata o límite máximo de 200.000,00 , aboarase con cargo ó orzamento da Deputación para o ano 2009, existindo crédito axeitado e suficiente, para financialas obrigas derivadas deste contrato, segundo consta no expediente.
O crédito reservado para cada un dos lotes deste procedemento é o que de seguido se especifica:
Lote 1: pensos, 60.000,00
Lote 2: penso composto equinos, 70.000,00
Lote 3: fertilizantes minerais, 60.000,00
Lote 4: sementes, 10.000,00
V.- Tipo de licitación O tipo de licitación, en aplicación do disposto no artigo 75 da LCSP, integrado pola suma dos importes do valor estimado da subministración (172.413, 79), e o IVE aplicable (27.586, 21), importa un total de 200.000, 00 .
VI.- Prazos e penalidades. Os adxudicatarios entregarán as subministracións nos locais designados pola Deputación, a medida que os vaian solicitando os servizos provinciais, ó longo do ano 2009, nun prazo máximo de 48 horas e ata o importe máximo fixado para cada un dos catro lotes do procedemento.
A duración da subministración alcanzará ata o 31 de decembro de 2009, obrigándose o adxudicatario a continuar subministrando nas mesmas condicións, ata que se faga nova adxudicación e por un tempo máximo dun mes. Se o adxudicatario incorrese en demora na realización da prestación contratada, a Deputación poderá optar indistinta mente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades por demora previstas na lexislación vixente, de conformidade co disposto nos artigos 196 e 197 da LCSP. A resolución do contrato acordarase, se é o caso, de conformidade co disposto nos artigos 195 e 206. eda LCSP, determinando a obriga do contratista de indemnizalos danos e perdas causados á administración, de conformidade co disposto no artigo 208.4 da LCSP, indemnización que se fará efectiva, en primeiro termo, sobre a garantía definitiva constituída, sen prexuízo da subsistencia da responsabilidade do contratista respecto do importe que exceda da garantía incautada.
Se a Deputación optase pola imposición de penalidades por demora e sen prexuízo da efectividade destas mediante dedución nos documentos de pago correspondentes ou sobre a garantía constituída, o contratista deberá indemnizalos danos e perdas irrogados á administración como consecuencia do atraso culpable, debendo acordala administración a ampliación do prazo de execución, na medida que se estime necesaria para a terminación do contrato, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 98 e 99 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por RD 1098/2001, do 12 de outubro (en diante RXLCAP).
Se o atraso fose producido por motivos non imputables ó contratista e se este se comprometese a executala prestación con prórroga do prazo, deberá ser acordada esta prórroga pola administración, nos termos do artigo 197.2 da LCSP.
VII.- Garantía provisional Non se esixe garantía provisional, tendo en conta o seu carácter potestativo ó amparo do disposto no artigo 91.1 da LCSP.
VIII.- Garantía definitiva O importe da garantía definitiva para constituír polo adxudicatario provisional, en calquera das modalidades previstas no artigo 84.1 da LCSP, será do 5% (IVE excluído) do prezo de adxudicación.
En todo caso, axustarase ó disposto nos artigos 55 e seguintes do RXLCAP, así como ós modelos que figuran nos anexos do expresado regulamento.
A dita garantía constituirase no prazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante (http: www. depourense. es), de conformidade co disposto nos artigos 87.1 e 135.4 da LCSP, procedéndose, en caso de demora imputable ó contratista, a declaralo decaído no seu dereito e á aplicación do disposto no artigo 135.5 da LCSP.
IX.- Condicións dos licitadores Poderán participar na licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, acrediten a súa solvencia económicofinanceira e técnica ou profesional, non se atopen incursas en ningunha das causas de prohibición para contratar co sector público do artigo 49 da LCSP e dispoñan de la habilitación empresarial o profesional necesaria para a execución da prestación que constitúe o obxecto deste contrato (artigos 43.1 e 2 da LCSP).
X.- Documentación para presentar As proposicións serán secretas e presentaranse en dous pechados cerrados ou libros separados e firmados polos licitadores ou persoa que os represente:
Sobre núm. 1. Levará a mención Documentación administrativa do procedemento negociado para a contratación da subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes á Excma. Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2009, presentada por..» coa firma do licitador ou persoa que o represente e indicación do nome, apelidos ou razón social da empresa.
No interior do sobre farase constar, en folio independente, o seu contido enunciado numericamente.
O sobre deberá contela seguinte documentación, de acordo co disposto l no artigo 130 da LCSP: 1. Aquela que acredite a personalidade do empresario, mediante NIF ou documento que o substitúa. A capacidade de obrar das persoas xurídicas acreditarase, ben mediante a escritura de constitución e de modificación, se é o caso, inscritas no Rexistro Mercantil, ben mediante escritura ou documento de constitución, modificación, estatutos ou acto fundacional, inscrito, se é o caso, no correspondente Rexistro Oficial.
Os que acudan á licitación en representación doutro, así como nos casos nos que o licitador sexa unha sociedade ou persoa xurídica, deberán presentar tamén escritura de poder para o efecto, validada polo secretario da Deputación, ou polos servizos xurídicos desta, e acreditala súa personalidade mediante o NIF.
2. Acreditación da solvencia económicofinanceira, mediante a presentación de informe dunha institución financeira, de conformidade co disposto no artigo 64.1.a) da LCSP.
3. Acreditación da solvencia técnica, mediante a presentación dunha relación dos principais traballos de contido similar ós que son obxecto deste expediente realizados polo licitador nos últimos tres anos, incluíndo importes, datas e destinatarios destes, acompañada dos correspondentes certificados de boa execución expedidos polo destinatario dos servizos, de conformidade co disposto no artigo 67. ada LCSP, así como a presentación da titulación académica correspondente, de conformidade co disposto no art. 67 e da LCSP.
4. Acreditación de non atoparse o licitador incurso en ningún dos supostos de prohibición de contratar co sector público do artigo 49 da LCSP, con expresa mención de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente, presentada con arranxo ó disposto no artigo 62 da LCSP
5. Para as empresas estranxeiras, declaración expresa do sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para tódalas incidencias que de modo directo ou indirecto poidan derivarse deste contrato, con renuncia ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlles.
Toda a documentación presentarase en orixinal ou fotocopia debidamente cotexada.
A documentación enumerada nos apartados 1 a 3, ambos inclusive, desta cláusula, poderá substituírse pola presentación do certificado de inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Ministerio de Economía e Facenda ou dos rexistros análogos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Excma. Deputación Provincial de Ourense, acompañando a dita certificación dunha declaración responsable na que o licitador manifeste que as circunstancias contidas na certificación presentada non experimentaron variación ningunha. Tal declaración deberá reiterala o adxudicatario, no documento de formalización do contrato.
Sobre núm. 2. Figurará nel a seguinte inscrición: "Proposición económica do procedemento negociado para a contratación da subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes á Excma. Deputación Provincial de Ourense durante o ano 200..Indicará, así mesmo, a empresa licitadora e incluirá a seguinte documentación:
1.- Oferta económica, consonte co seguinte modelo:
Don/a.., con domicilio en.., NIF núm.., en nome propio (ou en representación de.., segundo acredita con..), informado/a do expediente e condicións para contratala subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes á Excma. Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2009, comprométese á súa execución consonte co establecido no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, por unha cantidade.. (IVE e demais tributos incluídos) (segundo modelo anexo).
Lugar, data e sinatura.
2.- Memoria Xunto coa proposición económica achegarase unha memoria descritiva das características dos produtos ofertados, incluíndo a mención da casa fabricante do produto, marca comercial e composición, admitíndose a tal efecto os folletos explicativos editados pola casa fabricante.
As ofertas formuladas polos licitadores poderán referirse a tódolos lotes do procedemento ou soamente a algún ou algúns dos lotes. En todo caso as ofertas formularanse pola integridade do lote ou lotes correspondentes, sen que se admitan ofertas por unha fracción determinada de cada lote.
Os sobres presentaranse pechados no rexistro xeral da Deputación e poderán estar lacrados ou precintados. Poderán igualmente enviarse por correo nas condicións previstas no artigo 80.4 do RXLCAP.
A presentación das proposicións determina a aceptación sen condicións polos empresarios do contido da totalidade das cláusulas deste prego e do prego de prescricións técnicas particulares, sen ningunha excepción, conforme co artigo 129.1 da LCSP.
XI.- Mesa de contratación A mesa de contratación estará integrada ou constituída do seguinte xeito:
- Presidente: o da Corporación ou membro desta en quen delegue.
- Vogais: o secretario, o interventor, o xefe do Servizo Provincial de Xestión de Investimentos, Subvencións e Patrimonio e o xefe do Servizo de Agricultura e Gandería
- Secretario: o xefe do Negociado de Contratación.
XII.- Presentación de documentación e solicitudes de información.
A presentación da documentación e das proposición realizarase no rexistro xeral da Deputación en días e horas de oficina, ata as 14: 00 horas do décimo quinto día (15º) natural seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no DOG. Se o último día do prazo de presentación da documentación coincidise en sábado ou festivo, entenderase prorrogado o devandito prazo ó primeiro día hábil seguinte.
A documentación poderá igualmente remitirse por correo, nas condicións previstas no artigo 80.4 do RXLCAP.
Os licitadores poderán solicitar do órgano de contratación, dentro dos dez primeiros días do prazo de presentación de proposicións e documentación, canta información adicional e documentación complementaria estimen necesaria para a presentación das súas ofertas, debendo serlles facilitado con polo menos seis días de antelación á finalización do prazo de presentación de ofertas (artigo 92.1 do RXLCAP), en relación co artigo 142.2 da LCSP)
XIII.- Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións O acto licitatorio desenvolverase, de conformidade co disposto nos artigos 81 a 84 doRXLCAP, nos termos seguintes:
O día seguinte hábil (excepto sábados), a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións, ou presentadas tódalas ofertas dos licitadores convidados a participar, constituirase a mesa de contratación para a cualificación dos documentos presentados en tempo e forma no sobre núm. 1, formalizándose a acta correspondente. Se non existisen deficiencias que emendar, a apertura do sobre número 2 efectuarase no mesmo día, ás 12: 00 horas, na sala de comisións do Pazo Provincial.
Noutro caso, a mesa de contratación, se observase defectos ou omisións emendables na documentación presentada, comunicarállelo verbalmente ós interesados. Sen prexuízo do anterior, as circunstancias deberán facerse públicas a través de anuncios do órgano de contratación, concedéndose un prazo non superior a tres días hábiles para a corrección ou rectificación dos defectos ou omisións ante a mesa de contratación, procedéndose á apertura en acto público do sobre núm. 2 o quinto día hábil posterior (excepto sábados) ó do vencemento do prazo de presentación de proposicións, ás 12,00 horas, no salón de comisións do Pazo Provincial.
No suposto de envío de documentación por correo que faga imposible a cualificación da documentación e a apertura de proposicións nas datas sinaladas, o secretario da mesa de contratación comunicará ós licitadores, o máis axiña posible, as novas datas fixadas para tales actos.
XIV.- Criterios base para a adxudicación Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do procedemento serán os seguintes
a) Oferta económica, de 0 a 5 puntos
b) Calidade dos produtos ofertados, de 0 a 5 puntos.
XV.- Proposta de adxudicación e adxudicación provisional. A mesa de contratación, previa solicitude e análises, se é o caso, dos informes, técnicos ou xurídicos, que estime pertinentes relacionados co obxecto do contrato, presentará as proposicións coa acta correspondente e a proposta que estime pertinente o órgano de contratación para a adxudicación provisional do contrato.
Vista a proposta da mesa, o órgano de contratación clasificará as ofertas presentadas e admisibles por orde decrecente, en atención ós criterios de adxudicación e formulará adxudicación provisional do contrato a favor do licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa para a Deputación, sen que poida declarase deserto o expediente cando exista algunha oferta admisible (artigo 135.1 da LCSP).
Non obstante o anterior e antes da adxudicación provisional, o órgano de contratación poderá, mediante resolución motivada, renunciar á celebración do contrato ou desistir do procedemento, nos termos regulados no artigo 139 da LCSP.
A adxudicación provisional será notificada ós licitadores e publicada no perfil do contratante (http: www. depourense. es) podendo solicitalos licitadores a información prevista no artigo 137 da LCSP (artigo 135.3 da LCSP).
XVI.- Adxudicación definitiva e formalización do contrato A adxudicación provisional elevarase a definitiva no prazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación do acordo de adxudicación provisional no perfil do contratante e, no dito prazo, o licitador que resulte adxudicatario provisional deberá presentar, no Negociado de Contratación da Deputación, a seguinte documentación (artigo135.4 da LCSP):
1. Certificación administrativa acreditativa de que o licitador se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social, de conformidade co establecido no artigo 14 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro.
2. Certificación administrativa acreditativa de que o licitador se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias.
3. Xustificante de estar dado de alta e ó corrente de pago no imposto de actividades económicas (IAE). Xustificarase co recibo de pago do imposto no exercicio correspondente acompañado dunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula deste, ou coa alta en Facenda no período correspondente ou ben con certificado de Facenda expedido para o efecto.
4.- Xustificante de constitución da garantía definitiva. Cando non proceda a adxudicación definitiva a favor do adxudicatario provisional, aterase ó disposto no artigo 135.5 da LCSP.
En cumprimento do disposto no artigo 137 da LCSP, a adxudicación definitiva será notificada ós licitadores e publicada no perfil do contratante (http: www. depourense. es), podendo solicitalos licitadores a información prevista no dito precepto. Procederá, así mesmo, a publicación no BOP de Ourense cando o importe do contrato sexa igual ou superior a 100.000,00 .
O contrato formalizarase dentro dos 10 días hábiles seguintes ó da recepción da notificación da adxudicación definitiva consonte co disposto no artigo 140 da LCSP e 71 do RGLCAP
XVII.- Responsable do contrato De conformidade co disposto no artigo 41 da LCSP, o xefe do Servizo de Agricultura e Gandería ostentará a condición de responsable do contrato, con funcións de supervisión da correcta execución da prestación. As instrucións ditadas na interpretación do contrato polo dito responsable serán vinculantes para o adxudicatario.
XVIII.- Execución do contrato, condicións especiais de execución e subcontratación Sen prexuízo do disposto na cláusula anterior, o contrato executarase con estrita suxeición ó disposto neste prego e nas prescricións técnicas que serven de base ó contrato (artigo 281.1 da LCSP).
Para os efectos do disposto no artigo 102 da LCSP, non se establecen condicións especiais de execución deste contrato. O adxudicatario poderá subcontratar con terceiros a realización parcial da subministración, de conformidade co disposto no artigo 210 da LCSP.
XIX.- Pagos e revisión de prezos. Os pagamentos realizaranse mensualmente, en función das subministracións efectivamente realizadas, trala presentación das facturas correspondentes e coa conformidade dos servizos provinciais, con suxeición ó disposto nos artigos 200.4 da LCSP e concordantes do RXLCAP.
A revisión de prezos deste contrato, de resultar esta procedente consonte co disposto no artigo 77 da LCSP, realizarase mediante a aplicación do índice de prezos ó consumo aprobado polo INE, nos termos previstos no artigo 78 da LCSP.
XX.- Interpretación, modificación, suspensión e resolución do contrato
Son facultades do órgano de contratación a interpretación, modificación, suspensión e resolución do contrato, de conformidade cos artigos 194 e 195, 202 e 203, 206 a 208, 282, 284 e 285 da LCSP e concordantes do RXLCAP.
XXI.- Recepción do servizo, liquidación, prazo de garantía e penalidades por execución defectuosa
Realizada a prestación procederase a verificala correcta execución da actuación coa presenza do contratista e do responsable do contrato, estendéndose a correspondente acta. No suposto de que a subministración se atope executada correctamente, redactarase acta positiva tendo por recibida a prestación, comezando a computarse dende a data de levantamento da dita acta o prazo de garantía, que será dun ano, salvo que o adxudicatario oferte outro maior.
Se a prestación da subministración non se atopase en estado de ser recibida, deixarase constancia na acta dos defectos advertidos e das instrucións ditadas e do prazo concedido para a corrección daqueles. Transcorrido o dito prazo, se persisten as deficiencias, poderá optala Deputación entre a resolución do contrato ou a concesión dun novo prazo de corrección con aplicación dunha penalidade polo importe do 3% da contía do contrato, IVE excluído. Todo isto é ó abeiro do disposto nos artigos 205 e 283, en relación co artigo 196.1 da LCSP.
XXII.- Gastos O adxudicatario quedará obrigado a pagalo importe dos gastos de publicidade da licitación ata o importe máximo de 1.500,00 e de cantos outros gastos se deriven dos trámites de preparación, adxudicación, formalización e execución do contrato, incluídos todo xénero de tributos e prezos públicos estatais, autonómicos ou locais.
XXIII.- Cómputo de prazos Conforme co disposto na DA 15ª da LCSP, tódolos prazos que se sinalen en días enténdense naturais, a non ser que expresamente se faga constar que se trata de días hábiles.
XXIV.- Responsabilidade do contratista e sixilo profesional O contratista será responsable das consecuencias negativas que da execución inadecuada do contrato poidan derivarse tanto para a administración como para terceiros, nos termos previstos nos artigos 198 e 274 da LCSP.
XXV.- Normativa aplicable e foro xurisdicional En todo o non previsto neste prego rexerá, en canto á preparación, adxudicación efectos e extinción do contrato, o disposto na LCSP e nas súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e no seu defecto as normas de dereito privado (artigo 19.2 da LCSP).
As controversias que puidesen xurdir entre as partes no ámbito deste contrato, tramitaranse de selo caso, ante a xurisdición contencioso-administrativa (artigo 21.1 da LCSP).
XXVI.- Exposición ó público do expediente de contratación O expediente de contratación no que se integra este prego foi aprobado pola Presidencia Provincial mediante Decreto do día da data e queda depositado no Negociado Provincial de Contratación, para que durante o prazo de presentación de documentación e proposicións, os licitadores e demais interesados, poidan examinalo e formular, se é o caso, as observacións e reclamacións que estimen oportunas. A presentación de reclamacións non producirá, per se, efectos suspensivos sobre a tramitación do expediente.
Ourense, 30 de outubro de 2008. O presidente. Asdo.: José Luis Baltar Pumar.
Prego de prescricións técnicas particulares do procedemento aberto para a contratación da subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes durante o ano 2009
I.- Obxecto do contrato Oobxecto deste prego é regulala contratación da subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes a esta Deputación Provincial durante o ano 2009, segundo a relación seguinte:
Lote 1: Pensos
Recría de novelas
Vacas de leite
Coellos
Lote 2: Penso composto para equinos
Penso composto para equinos
Lote 3: Fertilizantes minerais
Complexo 15- 15- 15
Complexo 8- 24- 16
Nitramón
Calizas magnesianas.
Lote 4: Sementes
Pratenses a F2
Pratenses a F4
Avea certificada para sementeira
II.- Características dos produtos para subministrar As características dos produtos ofertados serán descritas polos licitadores segundo o disposto na cláusula X do prego de cláusulas administrativas particulares deste procedemento aberto.
No relativo ós pensos, os licitadores deberán especificar para cada tipo de penso as seguintes determinacións:
Materia seca en %.
Proteína dixestible en gramos U. A.
Máximo de fibra en %.
Contido vitamínico e minerais en %.
Materia graxa en % No relativo ó penso composto para equinos, o penso ofertado deberá reunir, en todo caso, as seguintes características en canto á súa composición:
Proteína bruta: 14- 16 %
Fibra bruta: 11% mínimo
Lisina: 0,4% mínimo
Calcio: 1,2% mínimo.
Coeficiente Ca/P= 1,6 2,2
Contido vitamínico mínimo: Vit. A = 10.000 Ui/kg; Vit. D3 = 1.500 Ui/kg
III.- Cantidades para subministrar e prezos máximos. As cantidades para subministrar e os prezos máximos en cada un dos lotes deste procedemento serán aproximadamente as seguintes, sen que a Deputación garanta un mínimo de adquisición:
Lote 1: Pensos
Recría de novelas: 40.000 kg (Prezo máximo 0,45 /kg
Vacas de leite: 25.000 kg (Prezo máximo 0, 45 /kg)
Coellos: 100.000 kg (Prezo máximo 0, 45 /kg)
Lote 2: Penso composto para equinos
Penso composto para equinos 130.000 kg. (Prezo máximo 0,43 /kg)
Lote 3: Fertilizantes minerais
Complexo 15- 15- 15: 16.000 kg (Prezo máximo 0, 80 /kg)
Complexo 8- 24- 16: 60.000 kg (Prezo máximo 0, 85 /kg)
Nitramón: 15.000 kg (Prezo máximo 0, 55 /kg)
Calizas magnesianas: 20.000 kg (Prezo máximo 0, 11 /kg)
Lote 4: Sementes
Pratenses a F2: 200 kg (Prezo máximo 5 /kg)
Pratenses a F4: 1.700 kg (Prezo máximo 5 /kg)
Avea certificada para sementeira: 2.000 kg (Prezo máximo 0,64 /kg)
Ourense, 30 de outubro de 2008. O presidente. Asdo.: José Luis Baltar Pumar.
Ver Anexo
