A N U N C I O
CLAVE: DH W.15.30378
Concello de Curtis con CIF P1503200F, e con enderezo en Praza de España, s/n. 15310 Teixeiro.
Solicita AUTORIZACIÓN para ponte, na zona de Dominio Público Hidráulico e policía do río A Portalousa, no lugar de Paradela, na parroquia de Sta. Mª de Foxado, no T.M. de Curtis.
As obras solicitadas consisten na demolición dunha ponte existente e construcción dunha nova ponte.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de VINTE (20) DÍAS, a partir do seguinte á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan danados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas deste servizo, situado na Rúa Wenceslao Fernández Florez 1-2º A. 15005 Coruña, onde se atopa exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
A Coruña, 23 de maio do 2012.
O xefe de Servizo Territorial Zona Hidrográfica Galicia Norte
Asdo.: Antonio N. López Grueiro.
2012/6568
